A Pobra acomete as tarefas de poda na presente tempada do outono

A Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Estefanía Ramos (Nós Pobra), informa de que a comezos de outubro se iniciaron as tarefas de poda por parte da brigada municipal de xardinaría, que tiveron como punto de partida o paseo dos Areos.
Actualmente estase traballando nos Xardíns de Valle-Inclán para, posteriormente, dirixirse a outras zonas do termo municipal como, por exemplo, o lugar de Xunqueiras, A Crocha ou O Campo da Feira.