A Panadaría representa este venres As que limpan na Casa da Cultura de Boiro

09 Novembro 2022

A compañía A Panadaría vai representar este venres 11 de novembro en Boiro o espectáculo para público adulto As que limpan. Será na Casa da Cultura de Boiro a partir das 21.00 horas. A venda de entradas estará dispoñíbel no mesmo día da función a partir das 20.00 horas.

As que limpan parte dun letreiro pendurado no manubrio dun cuarto no que se le “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. A obra fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...