A Panadaría representa As que limpan na Pobra este 20 de novembro

14 Novembro 2022

As artes escénicas volven ao Teatro Cine Elma no día 20, ás 19.00 horas, coa función As que limpan, da compañía A Panadaría, ao abeiro do ciclo teatral artellado para o mes de novembro na Pobra do Caramiñal.

A dita peza parte dun letreiro pendurado no manubrio dun cuarto no cal se le “Por favor, arranxe o cuarto.” Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. A obra fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadaren uns dereitos laborais e sociais xustos.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

A Pobra, epicentro nacional do remo co Campionato de España de Bateis

"Hai unha semana dicíamos que A Pobra se erixía como capital galega do remo; hoxe podemos dicir que de España." Con estas palabras comezou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, na presentación do LXXXI Campionato de España de Bateis que terá lugar no 27 e 28 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...