A mocidade da Pobra poderase iniciar no parkour no 18 de novembro

14 Novembro 2022

O obradoiro de iniciación ao parkour constitúe a cuarta das propostas que achega o programa A
Pobra Moza!. Este taller dirixido á xuventude que supere os 12 anos desenvolverase no 18 de novembro, a partir das 19.30 horas, no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán.
Disponse ata o día 17 para se anotar mediante a ligazón específica habilitada.
Esta axenda posta en marcha pola Concellaría da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), para diversifica-lo ocio da xente nova, encara así a recta final.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...