A historia da galiña Rosiña e os seus ovos de conto, este venres na Biblioteca de Rianxo

07 Novembro 2022

Este venres 11 de novembro a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo vai acoller un espectáculo de narración oral para a rapazada. Trátase da función A galiña dos ovos do conto, a cargo de Pedras de Papel. Haberá dúas quendas: un primeiro grupo ás 17.00 horas e un segundo grupo a partir das 18.30 horas. Quen estea interesado en acudir pode reservar praza na Biblioteca a través da conta de correo biblioteca@concelloderianxo.gal ou ben dos teléfonos 981860272- 667185581.

Sinopse

Como todas as galiñas do mundo, Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto.

Actividade creativa que axunta narración e obradoiro, literatura e plástica, na que as rapazas, despois de escoitar a narración da vida da galiña, elaborarán bonecos dos personaxes dun conto que inventarán coa axuda da pita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...