A deputada María Muíño reúnese coas axentes de igualdade da Pobra, Rianxo, Boiro e Rois

04 Novembro 2022

A deputada de Igualdade, María Muíño, vén de manter unha xuntanza de traballo coas 16 profesionais que xa están incorporadas aos concellos como axentes de Igualdade, ao abeiro da convocatoria para a contratación de persoal técnico do seu departamento provincial. Desenvolverán accións e programas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e iniciativas contra a violencia de xénero, nos concellos de Cabanas, Rois, A Pobra do Caramiñal, Coirós, Boimorto, Brión, Moeche, Boiro, A Laracha, Betanzos, Mañón, Vimianzo, San Sadurniño, Arzúa e Rianxo.

Durante a xornada, que se celebrou no IES Rosalía Mera da Coruña, María Muíño deulles a benvida a todas as profesionais facendo énfase na “meta complicada que os marcamos cando puxemos en marcha esta liña de traballo desde a Deputación co obxecto de ir implementando en todo o territorio políticas e programas de igualdade levadas a cabo con rigor e profesionalidade, para o que necesitamos persoal especializado”. A deputada asegurou que “a vosa presenza no territorio é fundamental de cara a camiñar cara unha rede de concellos en igualdade, que sigue sendo un obxectivo que nos marcamos no medio prazo”

Esta primeira xornada de coordinación, na que tamén participou o equipo técnico do Servizo de Igualdade da Deputación, serviu para profundar nas liñas de acción que se establecen desde o ente provincial e para poñer en común a situación de partida e coordinarse no traballo que se vai desenvolver ao longo dos vindeiros meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...