A Deputación, á vangarda en eAdministración segundo un informe do Consello de Contas

23 Novembro 2022

A Deputación da Coruña obtivo un importante recoñecemento ao seu traballo en materia de transformación e dixitalización. Concretamente, a distinción vén da man do Consello de Contas de Galicia, que publicou un informe (accesíbel en formato PDF) sobre o grao de implantación da Administración Electrónica nas entidades locais de Galicia no período 2019-2020 que sitúa á Deputación da Coruña á vangarda en implantación da eAdministración.

Valentín González, presidente da institución provincial

O informe destaca o “cumprimento favorábel” da Deputación da Coruña neste ámbito e recoñece “a planificación e a aposta pola dixitalización da administración tanto no que se refire á propia institución provincial, como na asistencia técnica que ofrece sos concellos de menos de 20.000 habitantes”.

O informe destaca tamén “que a Deputación da Coruña é a única de Galicia que presta este servizo de xeito directo (con persoal e recursos propios, sen recorrer a contratacións externas) a todos os concellos susceptíbeis de recibila, mediante a intervención de persoal de varias unidades administrativas”, fundamentalmente do servizos de Asistencia aos Concellos, Administración Electrónica, Sistemas e Soporte Informático e Contabilidade. Apunta ademais que a Deputación duplicou o número de traballadores e traballadoras de perfil TIC que prestan estes servizos, pasando de 10 a 19 persoas entre 2019 e 2020.

No apartado de planificación, a Deputación da Coruña aproba en todos os ámbitos deste epígrafe (avaliación inicial, recomendacións, seguimento e planificación) e destácase que “conta cun amplo catálogo de servizos que oferta a un total de 72 dos 82 concellos de menos de 20.00 habitantes da provincia, non existindo ningún concello que solicitase a prestación e non a recibise”.

A entidade provincial que presidente Valentín González salienta que “grazas a este apoio técnico da Deputación, 72 municipios contan a día de hoxe con servizos dixitais que axilizan o traballo administrativo e facilitan as xestións da cidadanía como a sede e o rexistro electrónico, identificación e sinatura electrónica, notificacións electrónicas, cartafol cidadán, expedientes dixitais, plataforma de intermediación de datos, códigos seguros de verificación, hospedaxe da web municipal ou factura electrónica”.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que “os bos resultados desta auditoría do Consello de Contas de Galicia son posíbeis grazas a aposta pola dixitalización da administración que vén facendo a Deputación nos últimos anos a través do proxecto Concello Dixital, un proxecto integral destinado á dixitalización das entidades locais, que nace de abaixo arriba, recollendo as demandas e necesidades dos concellos, e que ten como obxectivos principais mellorar a atención á cidadanía, facilitar o acceso a calquera trámite coa administración e axilizar a tramitación dos expedientes”.

Na actualidade, o proxecto Concello Dixital liderado pola Deputación da Coruña integra 80 entidades da administración local da provincia: 70 concellos, 3 consorcios, 5 mancomunidades, un auditorio e a propia Deputación.

A entidade tamén traballa no ámbito da protección tecnolóxica (de información, de sistemas, de comunicacións) ao abeiro da Axenda Europea e España Dixital 2025. Na actualidade, o plan provincial de ciberseguridade destinado a entidades locais de menos de 20.000 habitantes conta xa con 67 concellos adheridos na súa primeira fase de execución.

Ademais, a institución pon o foco na inclusión dixital e na democratización de acceso aos datos por parte da cidadanía: “Na Deputación estamos a traballar para reducir a fenda dixital que entre as zonas urbanas e as rurais e para ofrecer máis e mellores servizos á cidadanía, sen esquencer a implantación de fórmulas de inclusión dixital para facer a eAdministración accesíbel tamén para as persoas maiores”, afirmou Formoso, que detallou que alén dalgunhas medidas que xa están en funcionamento, como o acordo con Correos para facilitar o pagamento de tributos en calquera municipio da provincia a través da súa rede de oficinas ou dos carteiros, o Goberno provincial traballa en fórmulas que faciliten que a cidadanía poda realizar os seus trámites administrativos electrónicos de forma sinxela, mediante a creación de puntos de inclusión dixital nos que se axude ás persoas a realizar trámites online ou reforzando os servizos de soporte e a atención presencial á cidadanía.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...