A Cooperativa Santa Eugenia exalta os beneficios do peixe nunhas olimpíadas do mar no CPR Plurilingüe de Bayón

18 Novembro 2022
Nas Olimpíadas do Mar participaron todas as alumnas e alumnos de Educación Primaria do
Colexio.

 Unha cita que se centrou en tres obradoiros: coñece a pesca, come peixe e desfruta do peixe. En todos eles as pequenas e pequenos tiveron a oportunidade de coñecer máis sobre a pesca e os beneficios do peixe para levar a cabo unha dieta e vida saudable.
 Ademais, as rapazas e rapaces, tiveron de “merenda” lirio en tempura e pota rebozada.
18 de novembro, Ribeira. A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira – OPP 83 organizou, durante a mañá do venres, as Olimpíadas do Mar de Ribeira no CPR Plurilingüe de Bayón en Ribeira.
Unha cita na que participou todo o alumnado de primaria do colexio e que se centrou en tres obradoiros principais:

  • Coñece a pesca. Onde membros da OPP83 explicaron ao alumnado como é o seu día a dia, que tipo de pesca realizan, que peixes pescan, onde, como é a lonxa, como son as poxas da lonxa…
  • Come peixe. Vive Saudable. Onde as pequenas e pequenos tiveron que deseñar e desenvolver unha campaña publicitaria co fin de potenciar o consumo do peixe na actualidade.
    Unha cita onde se deixou patente a creatividade e bo facer destas pequenas e pequenos.
  • Desfrutando do peixe. Onde profesionais da hostalería contáronlle a estes intrépidos estudantes os segredos de receitas feitas co peixe, os protagonista da xornada que foron: a pota e o liro. Delicias do mar que estes pequenos puideron degustar co lirio en tempura e a pota rebozada, todo un éxito de convocatoria onde case todos quixeron repetir e todos coincidiron ao afirmar o rico que estaba o peixe. Algúns se sorprenderon do moito que lles gustou e outros eran grandes coñecedores da materia prima, xa que son moitos os que confirman que comen peixe 3 ou 4 veces á semana. Unha mañá chea de anécdotas e de divertimento onde, a través do xogo, os pequenos e pequenas puideron coñecer máis sobre un dos piares económicos do concello: a pesca, e tamén
    descubrir todos os beneficios que a día de hoxe ten o peixe co fin de poder levar a cabo unha dieta rica, sana e saudable.
    Esta acción, incluída dentro do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) anual deste 2022, ten como obxectivo dar a coñecer a actividade da Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira- OPP83 e tamén fomentar o consumo do peixe entre os máis pequenos da casa. Este foi o primeiro obradoiro que se desenvolve nun centro escolar, pero o obxectivo é propoñer en marcha actividades semellantes ao longo do ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...