A campaña Mercar no teu comercio ten premio repartiu en Ribeira 1.000 euros en tarxetas pregago de 50 e 30 euros

O pasado 5 de novembro celebrouse na praza do Concello de Ribeira o sorteo en directo dos premios da campaña de dinamización económica Mercar no teu comercio ten premio. A Asociación de Empresarios de Ribeira, co-impulsora da iniciativa, procedeu a trocar os tíckets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 29 de outubro ao 5 de novembro) por boletos para participar no sorteo en directo (ás 13.30 horas do sábado 5 de novembro) de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros (tarxetas que están a ser empregadas polas persoas gañadoras para efectuar novas compras no comercio de proximidade local).

A Asociación de Empresarios de Ribeira mostrou a súa satisfacción polo nivel de implicación dos comerciantes así como pola afluencia de clientes, que “foi moi numerosa”.

Mercar no teu comercio ten premio é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Empresarios de Ribeira.

Así, todos os clientes de Ribeira que realizaran compras no comercio de proximidade entre o 29 de outubro e o 5 de novembro, puideron participar no sorteo en directo destes 1.000 euros en premios. Este sorteo contou coa presenza de representantes das entidades organizadoras, entre eles Francisco Martínez Gude, presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Miguel Agromayor, presidente da Federación de Comercio de A Coruña e Carmen Varela, vicepresidenta; Jose Segundo Bouzas Dios, de Abanca e o concelleiro de Comercio Ramón Doval Sampedro.