A Cámara de Santiago móstranos as ferramentas que nos axudan a aumentar a produtividade

11 Novembro 2022

A Cámara de Comercio de Santiago, ao abeiro da súa participación nas Oficinas Acelera PEME de Red.es, vai organizar un novo obradoiro de transformación para axudar ás empresas a render mellor coa axuda das novas tecnoloxías. O obradoiro Coñece ferramentas dixitais para aumentar a produtividade da túa empresa vaise celebrar este 17 de novembro en horario de 10.00 a 11.30 horas. A xornada formativa será impartida por Javier Fernández, experto en procesos de dixitalización. Inclúe, de entrada, a presentación dos obxectivos e estratexias da Oficina Acelera PEME, para logo abordar o seguinte plan de contidos:

-A revolución tecnolóxica: da economía lineal á economía circular.

-Tecnoloxías dixitais. Descrición e aplicacións.

-Novas formas de traballo.

-Organización e recuperación da información. A nube.

-Principais suites ofimáticas en liña.

-Xestión do correo electrónico, calendarios e marcadores sociais.

-Buscadores e ferramentas para transformar a información en coñecemento.

-Ferramentas de comunicación audiovisual de equipos.

-Ferramentas de xestión de equipos en remoto.

-Aplicacións para realizar presentacións en liña.

-Novos conceptos dixitais.

As Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...