A Biblioteca de Rianxo acolle o día 25 un obradoiro de encadernación ecolóxica

O vindeiro 25 de novembro a Biblioteca Municipal de Rianxo vai acoller un obradoiro de encadernación ecolóxica artesanal. Haberá dúas quendas: a do primeiro grupo a partir das 17.00 horas e a do segundo ás 18.30 horas. As persoas interesadas en participar poden reservar praza a través da conta de correo biblioteca@concelloderianxo.gal ou dos teléfonos 981860272 – 667185581. Trátase dunha actividade destinada ao público infantil e familiar (idades recomendadas a partir dos 3 anos).