A Aula Activa do Mar mostra este sábado á rapazada como crear fondos mariños

A Aula Activa do Mar vai acoller esta finde un obradoiro participativo para a creación de fondos mariños. Será o sábado 12 de novembro, en horario de 11.30 a 13.00 horas. Trátase dunha actividade familiar, para crianzas de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. As persoas interesadas en acudir poden solicitar información no teléfono 698 148 569 ou ben a través das contas de correo museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal e aulaactivadomar@concelloderianxo.gal. Trátase dunha actividade de balde e aberta até completar aforo (cómpre reservar praza).