A ABE concede os seus premios anuais nunha concorrida festa do empresariado local en A Pousada

19 Novembro 2022

Por segundo ano consecutivo, A Pousada da Galicia Imaxinaria (Boiro) foi o lugar elixido para celebrar a gala dos Premios ABE, uns galardóns que concede a patronal boirense e que recoñecen o labor dos empresarios da localidade. A cita congregou máis de 150 convidados. O evento, conducido pola actriz e presentadora Patricia Vázquez, foi unha gala distendida e marcada polo humor que tamén contou coa música en directo de Stormy Truckers.

O acto deu comezo co discurso de benvida do presidente da ABE, Daniel García, que quixo comezar o seu discurso recordando “a unha persoa que tristemente nos deixou este ano e cuxo falecemento causou pesar en toda a comarca xa que moitas familias directa o indirectamente viven do emprego que xera a empresa que fundou, refírome a Jesús Alonso Fernández, fundador de JEALSA”. García tamén quixo facer extensivo o recordo “ao resto de socios, familiares e amigos da ABE que faleceron neste ano”.

Logo das ditas palabras de agradecemento o presidente quixo facer balance do ano e destacar “a chegada de 14 novos socios incorporados á ABE” e amosouse “especialmente orgulloso” da xestión de axudas e subvencións para os socios a través das cales “realizamos 198 asesoramentos que deron lugar a 72 expedientes tramitados e que se traduciron en 489.000 euros en axudas directas para as empresas beneficiarias o que supón mais de 700.000 € de investimento”. Neste punto a presentadora tomou de novo a dirección do acto e mesturando con contos, anécdotas e monólogos entregáronse os tres premios da noite.

Os galardoados

En primeiro lugar o de mellor comercio que foi para Carnicería Moncho Boga, negocio familiar que se localiza na Praza de Abastos de Boiro e que conta con 36 anos de traxectoria, seguindo fiel á filosofía do seu fundador, Ramón Laíño, e da súa esposa, Lourdes Blanco. Recolleu a distinción o equipo completo formado por Ramón, David, Lourdes, Rosa e David e Isabel Cerqueiras de The Desire Shop foi a encargada de entregalo como ganadores do pasado ano.

Tras agradecer o premio Ramón Laíño, visiblemente emocionado, foi a quenda da mellor empresa galardón que recaeu en A Terraza do Furancho, local de restauración localizado no corazón de Boiro que ofrece “tres ambientes, tres momentos, un lugar onde podes degustar a comida tradicional galega pero sempre buscando un toque innovador. Gozar dun ambiente espectacular con boas tapas e unha boa selección de bebidas da terra”. Recolleron o premio os socios da empresa Breogán Vázquez Villar e Yago Caramés Vila e a encargada de entregalo foi Marga Hermo, directora de relación institucionais de JEALSA Rianxeira, empresa gañadora do premio o pasado ano.

Para a entrega do Premio de Honra, concedido ao empresario local José España Silva, o presidente da ABE volveu subir ao escenario e xunto coa presentadora fixeron un breve repaso á traxectoria do homenaxeado que “empezou a traballar como albanel aos 14 anos cobrando 10 pesetas por xornada e que aos 16 marcha para navegar ao bacallau durante 2 anos, para despois do servizo militar volver traballar como albanel ata os 22 que se vai a Noruega enrolado na mariña mercante onde compaxina o traballo cos estudos por correspondencia de contratista de edificios.

No ano 1979 funda Construcciones J. España S.L. e no 1989 crea a promotora España y Fernández S.L., empresa coa que promove a maioría das edificacións plurifamiliares que leva a cabo o grupo.

No ano 1995 crea Boiro Tenda SL, empresa relacionada co sector da construción, que se dedica a venda de todo tipo de materias de construción, sanitarios e mobiliario de cociña e baño e a día de hoxe desfruta dunha merecida xubilación.

Recolleu o premio o propio José España Silva de mans do presidente da ABE. José aproveitou para “agradecer a ABE o premio e compartilo con todos os traballadores, familia e amigos dos que nos rodeamos nestes mais de 50 anos de traxectoria”.

A gala rematou coa intervención do concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, que destacou “o labor da ABE na promoción económica do concello” e “o traballo dos empresarios premiados a prol da economía local” e un divertidisimo monologo de Patricia Vázquez para dar paso aos pinchos e posterior concerto do grupo Stormy Trucker co que desfrutaron os mais de 150 invitado á gala que ateigaron A Pousada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...