“Vetar o veto á pesca de fondo, para non morrer no intento”. Antón Luaces

05 Outubro 2022

Pariu a burra: ou vetas o veto á pesca de fondo, ou o sector pesqueiro galego váise polo mar abaixo. Por non dicilo forte e claro: váise ao carallo. Na fachada do concello de Ribeira, unha pancarta é sumamente expresiva neste senso. E sen embargo, aquí ninguén move un dedo para modificar a situación. Nen siquera o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, quen este mércores elixiu o escenario do Congreso dos Deputados para confirmar que o Goberno vai recorrer á vía xudicial para reverter o acto de execución que prexudica a case medio milleiro de barcos españois (na súa maioría galegos).

Non dixo o ministro Planas cando nen como, pero sí foi rotundo ao afirmar que  o Goberno español actuará xurídicamente para impedir que a Comisión Europea aplique o regulamento aprobado a semana pasada que establece a veda á pesca de fondo en 87 zonas “sensibles” de máis de 16.000 quilómetros cadrados do mar atlántico nororiental.

A seguridade dada na Cámara baixa polo ministro non trouxo, malia todo, tranquilidade á frota galega afectada  -máis de 200 barcos e 4.000 tripulantes- xa que logo de non mediar unha acción urxente do Executivo español que preside Pedro Sánchez, esta frota váise ver na obriga de abandonar os caladoiros do Atlántico nororiental o vindeiro domingo.

O español tentará ser un recurso con marchamo “ganador” porque a pretensión do Goberno é argumentalo de tal xeito que non deixe nin unha regandixa pola que a UE poida darlle a volta á súa formulación: a información científica na que se basea o acto que obriga á frota a retornar a porto “é insuficiente e anticuada. E a máis, non se tiveron en conta os aspectos económicos e sociais”, elementos fundamentais para a mesma UE.

O recurso español -que de ser tido en conta polo Tribunal de Xustiza da Unión  Europea podería ser válido tamén para Portugal, Francia e Irlanda, países afectados ao igual que España polo regulamento citado- debe formularse de xeito que exprese a necesidade de que se aplique a suspensión cautelar do regulamento de execución- Só así haberá tempo para que a vía xurídica sexa o camiño polo que nunca máis poida transitar o eurocomisario Sinkevicius coa súa mala sombra .

Hai que vetar o veto que impide que a pesca de fondo manteña a súa actividade.

Galicia xa perdeu demasiado.

Outros artigos

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...

+

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...