Os socialistas esixen no Parlamento melloras no transporte público na comarca do Barbanza

20 Setembro 2022

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas e do seu deputado, Noa Díaz Varela, Patricia Otero Rodríguez, Noelia Otero Lago e Eduardo Ojea Arias, presentou ante o Parlamento unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión 2a: unha proposta relativa ao transporte escolar na nosa terra coincidindo co comezo do curso escolar 2022-2023, que os socialistas cualifican de “caótico” e prexudicial para a actividade dos centros e para a conciliación das familias.

Segundo din, “os problemas na prestación deste servizo non son novos dende que se adxudicou o novo contrato, algo que o grupo socialista xa tiña denunciado en numerosas ocasións, mais lonxe de solucionarse de maneira inmediata, o Goberno galego respondía que se trataba de casos puntuais que xa foran resoltos. Á vista do caos no comezo do curso e das denuncias que se espallan por todo o territorio galego por parte dos equipos directivos dos centros escolares e das ANPAs, é evidente que non houbo a resposta precisa”, sinalan na súa proposta, poñendo o foco nas comarcas do Barbanza, Noia e Muros, “onde os problemas se suceden cada día dende que comezou o curso”, din, engadindo que estes problemas se traducen en “horarios que non se respectan, autobuses que non chegan nunca ás paradas, emprego de VTC en vez dos vehículos obrigados, nenos e nenas de pé nos traxectos porque os autobuses son de menor capacidade que os usuarios que recollen, etc…”

Os socialistas din que “nestas comarcas exceden o cento de denuncias comunicadas dende os equipos directivos dos centros, aos que se suman comunicados de protesta das ANPAs, como por exemplo en Ribeira, así que a Xunta xa non pode poñer como escusa a falla de expedientes de queixa para non actuar”.
A maiores, critican que a nova concesión, cuxo contrato leva consigo unha mellora integral
do servizo, “mantén as mesmas condicións deficitarias de todos os vehículos, mesmo incumprindo a actual normativa, sen que a Xunta de Galicia actúe supervisando o seu estado”.
Por todo o devandito, a agrupación insta ao Goberno galego a tomar as seguintes medidas:
-“Esixir o cumprimento íntegro do contrato á empresa ou empresas concesionarias do servizo de transporte nas comarcas do Barbanza, Muros e Noia para garantir o normal funcionamento do curso escolar e a conciliación das familias”.

-“Realizar e publicar un informe de inspección das rutas, horarios, paradas e vehículos de que dispón a concesionaria ou concesionarias neses termos municipais”.

Outros artigos

A Misela achega este domingo en Porto do Son un concerto de Nadal

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este domingo 15 de decembro un concerto de Nadal a cargo da agrupación noiesa A Misela, a partir das 19.30 horas, organizado pola Área de Cultura municipal e dentro da programación de actividades elaborada para estas...

+

Outes acolle esta “finde” a súa Feira de Nadal

O Concello de Outes organiza esta fin de semana unha actividade de celebración de Nadal que tamén conmemora e reivindica un xeito saudábel e responsábel de consumir e festexar estas festas, en clave de proximidade: a Feira de Nadal en Outes, un punto de encontro na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...