O BNG acusa á Xunta de conivencia con Monbus ante os constantes problemas do transporte público

15 Setembro 2022

O BNG faise eco das queixas veciñais polos constantes atrasos dos horarios de autobús, a falta de espazo no transporte escolar ou os problemas que ten a mocidade coa tarxeta Xente Nova e anuncian a presentación de novas iniciativas parlamentares para esixir solucións inmediatas.  

A deputada Rosana Pérez e o deputado Paulo Ríos estiveron en Ribeira acompañados dos portavoces do BNG en Ribeira, Boiro e A Pobra para lembrar que se cumpre un ano da visita da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade a Ribeira para anunciar “a bombo e prato” que o servizo de transporte público estaba moi mellorado desde que houbera as novas concesións pero a realidade é ben distinta.

A deputada Rosana Pérez recrimina a conivencia do Goberno galego con Monbus pois “malia existiren probas e centos de sinaturas recollidas polo BNG que corroboran que hai autobuses que non pasan, atrasos inasumíbeis e mesmo hai rapazada que chega tarde á casa ou ao instituto, non se abriu ningún expediente sancionador”.

“A conselleira e o alcalde de Ribeira deben deixarse de ter reunións nas que se sacan a foto pero non resolven ningún dos problemas existentes. É unha necesidade perentoria actuar xa porque hai persoas que chegan tarde ao traballo, ás citas médicas ou mesmo aos centros escolares” asevera Pérez Fernández.

Pola súa banda o deputado responsábel de mobilidade, Paulo Ríos ‘Kai’, denuncia a falta de planificación e o empeoramento de servizo que supuxo a posta en marcha do novo Plan de Transporte da Xunta. Segundo Ríos, “estamos ante outro mes de setembro caótico nas liñas escolares pero tamén nas liñas regulares e a conselleira fai ouvidos xordos ás demandas que fan as ANPAS e os propios usuarios e usuarias do transporte público.

Desde o BNG aseguran que este problema está a darse por todo o país coa conivencia da Xunta de Galiza que non actúa para resolver os problemas que padece a poboación que usa o transporte público. Ante esta situación, anuncian que estudan novas accións e que mañá mesmo se debaterá unha iniciativa no Parlamento con propostas do BNG para reforzar o transporte público, garantir o cumprimento dos horarios, inspeccións para facer que se cumpran as condicións estipuladas en cada liña e bonificacións para a mocidade e para as persoas máis vulnerábeis.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...