Formoso empraza a Rueda a que convenza ao PP europeo que manda en Bruxelas para levantar o veto á pesca de arrastre de fondo

16 Setembro 2022

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, denunciou hoxe que “quen promove” o regulamento que prohíbe a pesca do arrastre de fondo en determinados caladoiros comunitarios “é a maioría conservadora” que goberna a Comisión Europea, e na que “está integrada o Partido Popular”, polo que emprazou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que “faga o seu traballo” para modificar unha decisión “que atenta contra un sector estratéxico do noso país”.
Formoso participou este venres en Santiago, xunto ao ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, nunha xornada aberta coa militancia socialista para falar da crise de Ucraína e os seus efectos na sociedade. En declaracións aos medios, ofrecidas antes do acto, agradeceu a presenza do ministerio e que sitúe a Galicia nun lugar protagonista da axenda exterior, cos dous cumios
europeos que acollerán Vigo e Santiago, a reunión da presidencia europea de Lugo ou co cumio hispano-alemán da Coruña.
En alusión concreta ao problemas da pesca, o líder dos socialistas galegos tamén remarcou que, sin os seus pescadores, “Galicia non é nada”, e por iso lle esixiu ao presidente da Xunta “que faga o seu traballo” de interlocución con Europa, pois advertiu o veto ao arrastre de fondo foi imposto pola Comisión Europea “que ten unha maioría conservadora na que está integrada o Partido Popular”.
O colexios de comisarios está formado por 27 representantes, dos que 17 son conservadores ou liberais, un verde, mentres que o número de socialistas é de nove.
Formoso insistiu en que “hai que deixar claro que a Comisión Europea ten unha maioría conservadora” que aproba un regulamento que supón “un ataque” para a pesca en Galicia.
Tamén agradeceu o líder dos socialistas que o Goberno de España anunciara este mesmo venres, en colaboración co de Francia, o seu posicionamento “en contra do regulamento” de Bruxelas contra o arrastre de fondo, como xa teñen feito ámbolos dous países en anteriores ocasiones que se pronunciaron sobre este asunto.
Lembrou Formoso que esta mesma semana acadou o compromiso do comisario de Pesca, Virginijus Sinkevicius, para revisar a restrición ao arrastre de fondo a partir de novembro sempre e cando se aporten informes técnicos e científicos que o avalen.
Polo tanto, dixo que o que toca agora é “defendernos xurídicamente”, encargar os informes e traballar con unidades as forzas políticas e os países afectados para intentar modificar unha decisión é absolutamente prexudicial para os intereses dun sector estratéxico para Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.