Antón Luaces.- Resulta patente: o potencial ecoloxista supera con moito a demanda dos consumidores e do sector pesqueiro, que reduce o seu potencial e priva aos consumidores dun peixe indispensable ao que só se pode acceder con métodos de pesca baseados en artes de fondo.
De nada serviron as últimas advertencias do sector pesqueiro sobre a que semella evidente ilegalidade da Comisión de Pesca da Unión Europea que decidiu onte vetar a toda a pesca de fondo nas 87 áreas de Estados membros como España, Francia, Portugal e Irlanda. Esta decisión impide faenar en caladoiros tradicionais da frota comunitaria a case que un milleiro de barcos -boa parte deles galegos- nunha extensión marítima de 16.419 quilómetros cadrados nos que están localizados 57 espazos nos que existen ecosistemas mariños vulnerables e 30 nos que aínda non se especificaronm pero que se consideran posibles “zonas sensibles”.
Deste xeito, a Comisión Europea da un recurte que pode ser decisivo para o futuro do sector da pesca comunitaria, porque aplica unha prohibición que carece dos preceptivos informes de impacto socioeconómico e non distingue entre os distintos impactos das artes de pesca.
A medida afecta a todos os barcos -comunitarios e doutros países- que empreguen artes que teñan contacto co fondo mariño: redes de enmalle de fondo, nasas, redes de arrastre de fondo, palangre de fondo, dragas e almadrabas. A prohibición será vixente a partir do día seguinte ao da publicación do acordo no Diario Oficial da UE, que será cando se abra un período de tempo no que os Estados poderán presentar recurso sobre esa decisión.
Para o eurocomisario Sikevicius, a decisión adoptada non fai outra cousa que cumprir o compromiso da UE de “protexer e restaurar a vida mariña” co Regulamento de acceso a augas profundas; pero o sector, agás algunha escepción, no concorda con esa apreciación porque o que para Sinkevicius é “resdtaurar a vida mariña”, pñara os pescadores é certificar a norte dun sector que, máis cedo ou máis tarde, reclamarä á propia UE medidas correctoras do que agora se aproba para permitir que o sustento que lles ven do mar non sexa suprimido por un descoñecemento manifesto do que é o peixe de fondo e que ven a ser un pasaporte outorgado a aqueles que, ao abeiro do ecoloxismo, sempre van na dirección de acabar cos alimentos de milleiros de seres humanos. Especies que, de non ser consumidas grazas aos sistemas de captura existentes dende vai decenios, morrerían sen facilitar á humanidade o máis mínimo beneficio. Porque tampouco o ecoloxismo tira beneficio desta vitoria inicial. Nen sequera para as especies teóricamente protexidas.
O tempo dirá que ten a razón e o que se tarda en corrixir o agora aprobado.