“A UE debe reverter a trapallada deseñada por Sinkevicius contra a pesca comunitaria”. Antón Luaces

29 Setembro 2022

Os armadores dos pesqueiros con base no porto da Coruña van presentar este venres, ás once da mañá, os motivos que teñen para elevar as súas queixas contra a decisión da Comisión de vedar a pescas de fondo en 87 zonas de augas comunitarias.  Esta acción nace no que foi o porto máis importante da frota comunitaria española e un das máis importantes (se non a máis importante) de Europa. 

Con este paso avante, os armadores coruñeses esixen a España que se dirixa á Comisión de Pesca para que paralice o acordo adoptado no último Consello de Ministros de Pesca que impiden a máis de douscentos buques galegos que empregan artes de fondo desenvolver a súa actividade pesqueira cotián en zonas que, sen contar coas valoración científicas necesarias, a xuizo do eurocomisario Sinkevicius, son zonas sensibles ata para as nasas.

Unha sensibilidade moi especial a do eurocomisario que, como non, os seus apoios ecoloxistas -tan sensibles como os fondos mariños que só Sinkevicius e eles protexen máis que aos pobos que teñen barcos e mariñeiros- apoian e aplauden, á vex  que desbotan toda posibilidade de dar continuidade á pesca de fondo que practican dende moitos decenios atrás e que serviu para aproveitar peixes que, de non seren capturados, morrerían sen proveito algún  para a Humanidade.

Que máis lle da a eles, que teñen garantido un salario e un prato quente cada poucas horas do día, sen ter que mollaren o cú  nas ondas do Gran Sol?.

As afectacións sociais e económicas só atinxen asos mariñeiros e a estes non se lles elixe para sentar á fronte dunha Comisión. Non lles preocupa que, na Comunidade Autónoma de Galicia uns catro mil mariñeiros perdan os seus postos de traballo a bordo de máis de 200 barcos que pescan con artes de fondo e que, como industria pesqueira consolidada que é, perda anualmente uns 8.000 millóns de euros que, evidentemente, a Comisión de Sinkevicius nunca lles devolverá.

Galicia quere que se suspenda inmediatamente o Regulamento que prohíbe as pesca de fondo e que se execute a presentación do anunciado recurso  ante o Tribunal de Xustiza da UE para reverter esta trapallada dirixida ao sector pesqueiro de toda a comunidade portuarias europea. De paso, que o Goberno español deixe de gardar a roupa de auga, porque a marea non vai chegar á Moncloa, onde se gardan baixo sete chaves os medos acumulados perante decenios ao mar e á pesca.

Outros artigos

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Notre Dame”. José Castro López

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...