A conselleira do Mar participou na inauguración das XVII Xornadas de cultura mariñeira ‘Muros Mira ao Mar

08 Xullo 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na inauguración das XVII Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar, onde puxo en valor o traballo que realizan todas as veciñas e veciños da vila a prol da protección e conservación do seu patrimonio material e inmaterial vencellado co mar.
A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, naceu hai 17 anos co obxectivo de promover a cultura mariñeira a partir da longa tradición neste eido coa que conta Muros. Así, tal e como destacou a representante do Executivo autonómico, cada ano supón unha nova ocasión para afondar e divulgar o inxente acervo cultural marítimo a través da historia e da evolución da frota local.
A titular de Mar asegurou que este traballo en favor da recuperación e conservación do patrimonio mariñeiro é tamén compartido pola Administración autonómica e puxo como exemplo o convenio de colaboración asinado o pasado ano coa Universidade da Coruña (UDC) e a súa Fundación para o desenvolvemento do Plan da Cultura Marítima de Galicia.
Horizonte 2030. “Un traballo co que estamos a definir os compromisos estratéxicos, as liñas políticas e as iniciativas da travesía de recuperación e posta en valor de todo o noso patrimonio marítimo”, indicou Rosa Quintana.
As xornadas Muros Mira ao Mar desenvólvense desde hoxe ata o domingo e inclúe unha ampla proposta lúdica e cultural co ánimo de contribuír a engrandecer estas xornadas para locais e visitantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...