Xornada de portas abertas no Museo da Catedral de Santiago e a Casa da Troia este mércores 18 de maio

17 Maio 2022

A Catedral de Santiago celebrará este 18 de maio o Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer e difundir o inmenso legado que atesoura o seu Museo, así como o importante traballo de conservación e difusión do patrimonio que se realizada desde a Fundación Catedral.

Durante toda esa xornada o acceso á colección permanente do Museo será gratuíta (entre as 10,00 e as 20,00 horas) e realizarase polo despacho de billetes situado na Praza do Obradoiro.

Ademais, e grazas á colaboración da empresa especializada no sector Doira Servizos Turísticos (www.visitasguiadas.es), organizaranse dúas visitas guiadas á colección de tapices da Catedral, ás 11,30 horas e 16,30 horas. Completándose os atractivos da xornada o que todos o que visiten a colección permanente recibirán como obsequio unha guía de visita do Museo.

Celebración del Día Internacional de los Museos en la Catedral de Santiago

>Xornada de portas abertas no Museo Catedral de Santiago

Acceso gratuito á colección permanente (10h a 20h), con libro-guía de visita como obsequio.

Visitas guiadas á colección de tapices (11:30h e 16:30h)

>Xornada de portas abertas en Santa María de Sar

Acceso gratuito ao Museo, claustro e igrexa (10h a 14h)

Visita guiada ao conjunto (12:30h)


VISITA GUIADA GRATUÍTA Á COLEXIATA DE SANTA MARÍA DE SAR

Xunto a esta xornada de portas abertas con entrada gratuíta ao Museo da Catedral de Santiago e grazas ao programa Compostela Sacra que promove a Fundación Catedral, tamén o Museo da igrexa de Santa María de Sar celebrará unha xornada de portas abertas ese mesmo día 18 de maio, con acceso gratuíto.

Ademais, ás 12,30 horas organizarase unha visita guiada polo conxunto formado polo Museo, claustro e igrexa.

Más información: http://catedraldesantiago.es/la-catedral-de-santiago-celebra-el-dia-internacional-de-los-museos-con-una-jornada-de-puertas-abiertas-y-actividades-extraordinarias/

Por outra banda o Museo Casa de la Troya reabre este mércores, 18 de maio, Día Internacional dos Museos, comezando así a súa temporada de primavera-verán, que se prolongará, alomenos, ata finais de setembro. Con motivo desta efeméride, celebrará unha xornada de portas abertas o propio mércores, con
visitas guiadas cada media hora para grupos cun máximo de dez persoas. O horario da Casa de la Troya é o habitual, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O museo abrirá de xoves a sábado ata mediados de xullo, e logo xa en horario continuado (de martes a sábado) ata mediados de setembro, pechando domingos e luns.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....

“25 de abril”. Manuel Dominguez

“25 de abril”. Manuel Dominguez

Este 25 abril 2024 cumple 50 años, medio siglo de historia, de aquella revolución de los claveles que trajo la democracia a Portugal. Fue la primera vez en la historia que los militares entregan el poder al pueblo y no se quedan en el cómodo sofá de la dictadura, como...