Xelís de Toro e Alejandro Vargas homenaxean en Rianxo a obra de Manuel Antonio coa proposta “Máis Alálá”

06 Maio 2022

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai dar acollida o vindeiro sábado 14 de maio ao espectáculo Máis Alálá con Xelís de Toro e Alejandro Vargas. Será a partir das 21.00 horas.

Segundo informa a Área de Cultura do Concello, a proposta forma parte das actividades que a Deputación da Coruña desenvolveu este ano co gallo da celebración do Día dos Museos 2022.

Máis Alálá é un proxecto poético sonoro performático inspirado no libro De catro a catro de Manoel Antonio, creado polo músico Alejandro Vargas (Cuba/Galicia) e o escritor e performer Xelís de Toro (Galicia/Reino Unido). O título é unha recreación do título do manifesto literario Máis Alá que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro no ano 1922.

Partindo dos 19 poemas do libro De catro a catro os artistas crean, nas súas palabras, “un sinxelo programa informático para transpoñer todas as letras dos poemas a números e posteriormente a notas musicais”. Isto permítelles traballar cun banco de palabras e un banco de notas musicais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...