Venres con sol e temperaturas en ascenso

12 Maio 2022

Aínda que durante o venres predominará a influencia anticiclónica sobre Galicia, con aire cálido en superficie, a presenza de aire frío en capas altas da atmosfera dará lugar a certa inestabilidade e á posibilidade de treboadas illadas no interior pola tarde.

Deste xeito, os ceos presentarán poucas nubes ou intervalos de nubes altas pola mañá, medrando nubes de evolución pola tarde no interior, sen descartar algún amago treboento. As mínimas continuarán sen cambios mentres que as máximas experimentarán lixeiros ascensos. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral norte.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 14° 24°
Temperatura da auga (°C) 15°
Índice ultravioleta máx. 7
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:353.4 m
Baixamar08:560.8 m
Preamar15:073.4 m
Baixamar21:100.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:283.3 m
Baixamar08:450.9 m
Preamar14:573.4 m
Baixamar20:590.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:343.3 m
Baixamar08:510.8 m
Preamar15:033.4 m
Baixamar21:050.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Fin de semana con sol e temperaturas altas

O sábado e domingo seguiremos na influencia das altas presións. Así, agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en toda a Comunidade, pola tarde pode medrar algunha nube de evolución polo sur do territorio. As temperaturas non experimentarán cambios significativos...

+

Venres seguimos con sol e temperaturas altas

Unha xornada máis continuamos baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa illados en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados, con nubosidade de evolución pola tarde no sur. As temperaturas experimentarán un moderado...

+

Xoves con col e suba da temperatura

Galicia mantense na influencia das altas presións, polo que se agarda un xoves de tempo seco e ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso chegaremos ós 27 graos nas rías. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos...

+

Martes segue o sol e lixeira baixa da temperatura

Galicia seguirá na influencia anticiclónica con réxime de ventos do nordés. Con esta situación teremos néboas en comarcas do interior e ceos moi abertos. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso máximas de 23 graos Os ventos soprarán do norte-nordés moderados, con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...