Trenor anuncia un investimento de 2,6 millóns para mellorar a estrada Noia-Ribeira

13 Maio 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polos alcaldes de Noia, Santiago Freire e Porto do Son, Luis Oujo, e pola tenente alcalde de Ribeira, María José Sampedro, anunciou este venres 13 de maio un investimento de 2,6 millóns de euros para levar a cabo obras de reforzo de firme na AC-550. Este fortalecemento, dixo, aplicarase no treito que une Noia con Ribeira e pasando polo Son, concretamente entre os puntos quilométricos 69+500 e 107+850, “onde tamén se proxecta a execución dun cambio de sentido e dun carril central de espera”, engadiu.

Tamén dixo que “estas importantes obras que hoxe se licitan suporán unha maior seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por esta vía, moi frecuentada, especialmente en temporada de verán”. Estas obras, engadiu, “facilitarán a mobilidade aos habitantes dos tres municipios onde se realizarán as actuacións”.

Os traballos que se van realizar están encamiñadas á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoas ás súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Este contrato recolle dúas actuacións adicionais: un cambio de sentido no PK 88+500, así como a formación dun carril central de espera para o xiro á esquerda no PK 92+500, para o que será necesario ensanchar a estrada AC-550 cara á súa marxe esquerda. Amais, executaranse pequenas melloras de drenaxe, limpeza de gabias, sinalización, balizamento e defensas.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe o anuncio da licitación deste contrato, cun investimento de 2,6 millóns. As empresas interesadas na execución das obras teñen ata o vindeiro 8 de xullo para presentar as súas ofertas. Os traballos contan cun prazo de execución de seis meses.

Estas obras están incluídas no Plan de Reforzos de firme que está a desenvolver o Goberno galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...