“Todo aberto, para facer de novo”. Antón Luaces

15 Maio 2022

A continuidade de Rosa Quintana Carballo como conselleira do Mar (de non modificarse o nome desta consellería no novo Goberno de Alfonso Rueda Valenzuela) ninguén a pon en dúbida. Sería a máis grandes das sorpresas e estas hai que desbotalas, a día de hoxe.

Pola súa titulación (é doutora en Bioloxía após a súa licenciatura nesta disciplina pola Universidade de Santiago de Compostela) e dada a súa condición de funcionaria da devandita consellería, a máis da experiencia no cargo acumulada ao longo dos últimos 13 anos, Rosa Quintana coñece o sector marítimo pesqueiro ata o estremo de saber como vai reaccionar diante de calquera actuación por moi pouco previsible que esta fose. Talvez sexa este coñecemento un dos grandes problemas de entendemento entre ambas as partes.

As desconexións que existiron entre elas nesta ducia larga de anos producíronse, sen embargo, polo inesperado de moitas das decisión adoptadas pola Consellería para seren aplicadas na pesca e o marisqueo, o que evidencia que a parte social non ten a mesma participación no que pode emanar do sector gobernativo da Xunta. E non será porque non se teñan producido eses desencontros.

Non é a primeira vez que armadores e tripulantes  se unen para pediren cambios nos postos de responsabilidade no departamento que dirixe firmemente Rosa Quintana. Mais en ningún caso tal demanda pasou do que se pode entender como unha pura anécdota.

Velaí continúa Rosa Quintana, en varias ocasión contra vento e marea. Porque a súa acción de goberno é boa ou, polo menos correcta?. Non diría eu, a tenor dos comentarios e críticas rexistrados, que as lexislaturas marcadas polo carimbo persoal da conselleira fosen as mais asisadas. Pero non o entenderon así os máximos responsables da Xunta -Manuel Fraga Iribarne e Alberto Núñez Feijoo- que a mantiveron no posto durante os seus mandados. E moitas cousas raras terían que pasar para que o terceiro presidente da Xunta con quen traballe Quintana adoptara alguna decisión que obrigara a removela. Porque non ten remuda no PP?. Porque o seu poder no Executivo é moito máis amplo do que nos imaxinamos?. Porque todo vai ben?.

Para min que Rosa Quintana é un dos máis seguros bimbios do cesto creado para o goberno galego xa en tempos de Fernández Albor, cando Quintana comezou a súa andaina funcionarial, incrementando -malia algún atrancos aparecidos no seo da propia consellería- a súa capacidade, mesmo afastando do seu camino a outros funcionarios do seu departamento que poideran facerlle sombra. As rendas, a xuízo de quen ocupou ata o de agora o despacho principal de edificio de San Caetano e tamén de quen agora é inqulino do mesmo, deben estar en boas mans cando polo que se ve  non é necesario mudalas. E sen embargo son moitos os que na pesca e no marisqueo demandan cambios. Non resulta improbable algún. Polo menos na estrutura lexislativa do departamento de cara aos vindeiros tres anos.

Outros artigos

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social;mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechosadquiridos...