Stop Desahucios informa dun novo desaloxo en Boiro fixado para o día 9

18 Maio 2022

A plataforma antidesaloxos Stop Desahucios Barbanza vén de alertar dun inminente desafiuzamento en Boiro, un proceso que deixaría na rúa, novamente, a unha familia sen capacidade para facer fronte ás cotas de aluguer. A orde deu dada polo Xulgado Número 2 de Ribeira, que sinalou o desaloxo para o día 9 de xuño ás 10.00 horas debido á falta de pagamento das rendas de aluguer ao fondo BuildingCenter. A plataforma compartiu o teléfono da familia, 628 040 981, por se alguén pode facilitar información ou recursos de utilidade nestes intres delicados.

Stop Desahucios tamén informa de que o Xulgado Número 3 de Ribeira declarou nulo un procedemento monitorio interposto por Abanca contra unha familia da dita localidade por falta de pagamentos dunha tarxeta de crédito. A xuíza declarou nula en 46 ocasións por “comisións abusivas”, reducindo a cantidade reclamada nun 60% e que agora Abanca terá que iniciar un novo procedemento xudicial pola cantidade realmente debida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...