Soziedad Alkoholika e Heredeiros da Crus, cabezas do cartel do Entrebateas 2022 na Pobra

03 Maio 2022

A Pobra do Caramiñal comeza a quecer motores para unha das citas imprescindibles para as
persoas amantes do metal e do rock. Trátase do festival Entrebateas, que regresa na súa quinta edición despois de dous anos sen se poder celebrar por mor da COVID-19. Así, diferentes grupos de renome actuarán na localidade no 2 e no 3 de setembro, na praza Alcalde Segundo Durán.
A cita musical foi anunciada polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e Ricardo Boo, en representación da asociación cultural Xente ás Leiras.
Soziedad Alkoholika e Heredeiros da Crus son os pratos fortes dun cartel tamén composto por Stoned At Pompeii, Golpe Radikal, Hybrid Park, Agoraphobia e YOUCANTHIDE.
As entradas poderanse adquirir a través da páxina web www.entrebateas.com dende o día 5 de maio. O bono para a totalidade das actuacións terá un custo de 20 euros coa oferta de lanzamento que
permanecerá vixente ata 18 de maio; a partir desa data fixarase o prezo final nos 30 euros. Tal e como indicaron, o obxectivo é que, xunto coa achega económica que fai o Concello, o recadado contribúa a que o festival vaia medrando en cada convocatoria e a que se converta nun referente en toda Galicia.
A maiores estanse configurando outras actividades complementarias que dependerán da acollida que teña o cartel nos vindeiros días e algunhas delas terán relación co mar.

Outros artigos

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...