Ribeira promove o Camiño “A Orixe” en Expocidades (Ferrol)

13 Maio 2022

Ribeira está a ter presenza activa na feira Expocidades, que se celebra até o domingo (dende este venres 13 de maio) na praza de Armas de Ferrol. Trátase dunha mostra organizada polo Eixo Atlántico para facer promoción de Galicia e a zona norte de Portugal e que este ano cumpre a súa sexta edición baixo o slogan Dous países, un destino. O Concello de Ribeira está presente durante toda a feira cun stand de seu onde unha informadora turística subministrará aos visitantes de cumprida información sobre os recursos que atesoura o municipio.

A maiores do material promocional habitual, con tesouros patrimoniais e naturais como o Castro da Cidá, Pedra da Ra, o Dolmen de Axeitos, o Parque Natural ou o Faro de Corrubedo, expoñerase material específico sobre o Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe, conferindo aos visitantes a posibilidade de descargar o seu percorrido a través dun código QR ou explicando como obter a credencial do peregrino (na Comisaría Nacional ou ben contactando coa Asociación de Amigos do Camiño A Orixe).

En total, a feira está integrada por trinta stands e unha completo programa complementario con actividades de animación e degustacións gastronómicas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...