Ribeira e Porto do Son acollen dúas accións formativas da Rede Eusumo para o alumnado de Tahume VII

09 Maio 2022

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume VII (co-impulsado novamente polos Concellos de Ribeira e Porto do Son) participou nunha actividade formativa dupla na mañá deste luns 9 de maio para as especialidades de pintura industrial (en Ribeira) e para conservación de montes (en Porto do Son). Os contidos foron impartidos por ofreceu Ana Olveira Blanco, técnica da Rede Eusumo e socia cooperativa de Abeluria, consultora da economía social. Con eles estiveron os respectivos concelleiros Ramón Doval (no Centro Cultural Lustres Rivas) e Manel Deán (na Casa de Cultura de Xuño).

A actividade desenvolvida na Casa da Cultura de Xuño

Ana Olveira conta cunha dilatada experiencia profesional de máis 14 anos en diferentes postos entre os que destacan tarefas relacionadas coa xestión empresarial e a coordinación de proxectos.

Pola súa banda, Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta para o “fomento e o desenvolvemento da economía social”. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

A actividade desenvolvida en Ribeira

O obradoiro de emprego Tahume VII é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Porto do Son xunto co Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...