“Residuos ao mar” – José Manuel Pena

18 Maio 2022

É pouco gratificante darse uno paseo por certas localidades da Ría de Muros e Noia, a comarca do Barbanza, a zona do Ulla ou a comarca do Salnés e ver algunhas marxes fluviais, dársenas portuarias e praias con residuos, principalmente de botellas e botes de plástico. O peor de todo é que, nas localidades da nosa contorna, faise realidade que o 80% dos residuos ao mar son obra do home.

A conservación e protección da contorna natural é unha responsabilidade de todos os cidadáns e xa non é de recibo escoitar que se trate de culpabilizar aos responsables municipais, comarcais ou autonómicos da falta de limpeza ou sucidade dalgunhas marxes de ríos e zonas portuarias, cando a situación créase por nosa propia irresponsabilidade e falta de compromiso coa nosa contorna: cuestión de educación cívica e ambiental.

Custa moito chegar de faenar (da pesca ou do marisqueo) e depositar calquera residuo nos depósitos ou colectores situados en cada porto; subir da praia e depositar os residuos nas papeleiras? Parece ser que si e moito máis organizar cuadrillas veciñais de voluntarios para a limpeza da nosa contorna, preferimos limpar as hortas particulares, o xardín da nosa casa de campo e ensuciar ou deixar de limpar o que é de todos e que todos temos a obriga de manter limpo. Polo menos fagamos caso á lema de que non é máis limpo o que máis limpa senón o que menos ensucia, adquiramos a partir de agora este compromiso e notaremos o cambio.

Outros artigos

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...

+

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...