Regresan os Campamentos de Verán de Ribeira

12 Maio 2022

A área de Cultura do Concello de Ribeira está estes días ultimando a adxudicación dos seus Campamentos de Verán, que o Goberno local decidiu impulsar esta tempada (logo de dous anos de interrupción pola pandemia) “ante as numerosas chamadas recibidas solicitando a súa posta en marcha”.

Haberá tres modalidades. Así, como novidade celebrarase un Campamento Urbano do 23 ao 30 de xuño e do 1 ao 7 de setembro destinado a nenos e nenas con idades de 3 a 12 anos. Contará con 50 prazas.

Ademais, regresarán os tradicionais Campamento Xoga con Nós (do 1 de xullo ao 31 de agosto, para idades de 3 a 8 anos e con 120 prazas ofertadas) e Camp of Cultural Summer (do 1 de xullo ao 31 de agosto, para idades de 9 a 13 anos, con 30 prazas).

Os campamentos centralizaranse no CEIP O Grupo, de luns a venres de 9 a 14 horas. Haberá posibilidade de servizo complementario de almorzo e xantar.

En datas vindeiras ofrecerase máis información en canto, prezos, prazos de preinscrición e matrícula, criterios de admisión, etcétera.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...