Galicia activa un protocolo para a abordaxe dos casos de varíola do mono

20 Maio 2022

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acaba de informar de que se detectou o primeiro caso sospeitoso da coñecida como ‘varíola do mono’ na comunidade autónoma, cuxa mostra tomada por proba PCR será analizada polo Instituto de Saúde Carlos III.

A través dun comunicado, Sanidade explica que se trata dunha persoa que “non está hospitalizada” e que presenta unha clínica compatible coa definición distribuída pola Dirección Xeral de Saúde Pública, á espera de recibir o protocolo definitivo do Ministerio de Sanidade.

Precisamente, o departamento que dirixe Julio García Comesaña vén de activar un protocolo para que todos os profesionais sanitarios de Galicia teñan “claros os criterios” para identificar posibles casos das vexigas do mono.

O caso sospeitoso detectado este venres foi remitido ao Centro de coordinación de alertas e emerxencias sanitarias do Goberno central.

Desde que se recibiu a alerta internacional, o martes pola tarde, Galicia está vixiante para poder identificar e confirmar, por medio da proba PCR, os posibles casos sospeitosos que se detecten.

Guía de sanitarios

Así, remitiuse aos centros asistenciais galegos, como os servizos de urxencias, o 061 e os centros de atención primaria un primeiro protocolo elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, para que calquera sanitario poida coñecer os criterios para incluír un caso nesta alerta sanitaria, como o propio conselleiro de Sanidade confirmou, en declaracións aos medios este venres en Muíños (Ourense).

“Evidentemente, á vista da situación que se está producindo en Madrid con eses casos confirmados e ese alto número de casos sospeitosos, estamos alerta para canto antes aquí algún caso entre nesa definición poder canto antes identificalo, confirmalo, que é unha cuestión tamén importante a confirmación mediante PCR e remitindo as probas ao Instituto Carlos III”, afirmou o conselleiro.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...