Piden dous anos de cárcere para un furtivo por ameazar a un axente da Policía Autonómica

08 Maio 2022

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña acollerá este mércores, o xuízo contra un furtivo da comarca acusado dun delito de atentado e unha falta de lesións por, supostamente, agredir e ameazar a dous funcionarios. Segundo o relato do ministerio público, os feitos ocorreron o 4 de marzo de 2014, cando o acusado atopábase realizando labores de marisqueo furtivo, momento en que se topou con dous axentes da Policía Autonómica.

O home supostamente tiña marisco procedente da actividade ilícita, polo que ao decatarse da súa presenza tentou devolvelo ao mar para evitar ser sancionado. A pesar de que os axentes lle deron a orde de que non o fixese, dirixiuse ao mar para lanzar o produto. Para evitalo, agarrárono do brazo esquerdo, momento en que tratou de agredir a un dos funcionarios cunha especie de sacho, á vez que lles gritou que «antes de sacarlle o sacho féndocho na cabeza».

Segundo a Fiscalía, mostrou unha actitude agresiva, chegando a abalanzarse contra o funcionario, polo que o compañeiro acudiu na súa axuda para reducilo, ferindo a un deles no ombreiro esquerdo.

O Ministerio Fiscal considera que os feitos constitúen un delito de atentado, así como unha falta de lesións, polo que valora que tería que impoñérselle unha pena de dous anos de prisión con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo. Ademais, debería pagar as costas e indemnizar a un dos axentes con 310 euros, así como ao Sergas pola asistencia médica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...