“Paula e Montse, Tanxugueiras” – Xulio Xiz

11 Maio 2022

Nos actos públicos é habitual contar cunha intérprete de signos – xeralmente son mulleres – para que as persoas xordas poidan contactar coa realidade. E se alguén considera excesivo esforzo a prol dun colectivo que se supón minoritario, con que unha soa persoa se salve do pozo do illamento, está plenamente xustificado.

Nun colexio preto de Lugo, un neno xordo de seis anos tivo a sorte de ter por profesora á lucense Paula Sancosmed, e que esta tivese como veciña e amiga a Montse Flores, que domina o idioma dos xordos porque xordos son seu pai e súa nai. Foi un pequeno milagre, porque non só conseguiron que o neno se integrase na aula e no mundo, senón que xunto co neno xordo aprendeu ese idioma o resto do alumnado, co que a integración foi total.

Se isto de por si xa é unha vctoria incuestionable, ademais dunha liña a seguir con toda firmeza, vai ter continuación en Lugo porque Paula veu destinada ao Colexio Menéndez Pelayo, e aínda sen alumnos xordos, este colexio vai honrar ao colectivo no próximo Día das Letras Galegas, contando con Montse, cunha celebración especial. No conxunto de accións do “Menéndez”, o alumnado de once anos de Paula, está preparando a escenificación de “Terra”, de Tanxugueiras, na linguaxe de signos.

Ver alumnos –no meu caso, nenas- facer de Tanxugueiras neste especial idioma, é abrirlle unha porta inesperada a esa canción que tanto impacto nos causou, é unha lección maxistral que sobrepasa o mundo da música, da lingua e da cultura. “Terra”, por signos, entra no mundo da sensibilidade, do sentidiño, da solidariedade e da irmandade. Póñome firme, e descúbrome.

Outros artigos

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....

+

“25 de abril”. Manuel Dominguez

Este 25 abril 2024 cumple 50 años, medio siglo de historia, de aquella revolución de los claveles que trajo la democracia a Portugal. Fue la primera vez en la historia que los militares entregan el poder al pueblo y no se quedan en el cómodo sofá de la dictadura, como...

+

“Nuevo gobierno y muchos retos”. José Antonio Constenla

“Palabras, palabras, palabras”, decía Hamlet. “Gestos, gestos, gestos”, dicenahora analistas y politólogos. La política es palabra, es negociación, esdiscurso, es arte, y en este arte son fundamentales los gestos. Estos alberganuna intención política, crean un relato...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión