Outes conmemora as Letras Galegas con contacontos, lecturas e a resolución do Premio Francisco Añón

10 Maio 2022

A programación das Letras Galegas en Outes, impulsadas dende Cultura do Concello, inclúen narracións orais, lecturas de poemas e homenaxes ao escritor celebrado este ano na festa do 17 de maio: Florencio Delgado Gurriarán. Amais, un dos actos principais da axenda será a presentación do palmarés dun dos grandes certames literarios de Galicia: o Certame de Poesía Francisco Añón.

O poeta local Francisco Añón

-10 de maio – Xogando cos contos, contacontos con Fátima Fernández para a rapazada de 3 a 10 anos. Ás 17:30 horas na biblioteca municipal.

-14 de maio – Charla sobre Florencio Delgado Gurriarán a cargo de Ramón Blanco. Haberá tamén unha lectura de poemas de Nicolasa Añón. Ás 20:00 horas no Centro Naútico do Freixo.

-17 de maio – XXVI Certame de Poesía Francisco Añón. Anunciarase o fallo do premio e presentarase o libro coas poesías gañadoras da XXV edición. Ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...