Os montes de Vila Cova, en Lousame, acollen este sábado unha nova xeira deseucaliptizadora

20 Maio 2022

A Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame, vén de sumarse ao traballo de erradicación de invasoras e plantación de autóctonas das Brigadas Deseucaliptizadoras, impulsadas dende Froxán (tamén no concello de Lousame). Esta alianza collerá impulso con traballos concretos de erradicación do eucalipto no territorio da comunidade. As tarefas desenvolveranse en varias hectáreas de monte que xa foron liberadas da dita especie pero onde é preciso poñer o foco en eliminar rebrotes de eucalipto para posteriormente, no inverno, reforestar a zona con árbores autóctonas.

A roga comezará ás 9.30 da mañá deste sábado 21 de maio e terá como punto de encontro o Campo de Fútbol de Vila Cova. Para participar é necesario estar inscrito como integrante das Brigadas e terse anotado previamente para a realización da actividade na web da organización Verdegaia.

Traballo extensíbel a toda a xeografía galega

As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo “mobilizar, organizar e coordinar persoas de todo o territorio galego con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras”. A metodoloxía empregada é a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico. As accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas “non volvan a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, actuando como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade”.

En 2021 as Brigadas realizaron 16 intervencións en 7 lugares propiedade de comunidades de montes e asociacións veciñais. No que vai de 2022 xa se leva intervido en 7 localidades con 11 accións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...