O TSXG confirma os cinco anos de cárcere impostos ao veciño de Ribeira que disparou á súa ex-parella cunha escopeta de balotes

13 Maio 2022
Fachada do TSXG

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de cinco anos de cárcere, como autor dun delito de lesións con instrumento perigoso, imposta pola Audiencia Provincial da Coruña a un veciño de Ribeira que en xuño de 2020 disparou cunha arma de aire comprimido á súa ex-parella desde o balcón da súa vivenda. A vítima, segundo a sentenza, acudira á casa do seu ex-compañeiro sentimental, na que permaneceu un tempo inferior a unha hora. Tras abandonar o inmóbel, cando se atopaba a uns dez metros e de costas, o condenado disparoulle. O balote alcanzoulle órganos vitais e a muller caeu ao chan. Os amigos que a acompañaban, ante a gravidade do seu estado, alertaron aos servizos de emerxencias, os cales a trasladaron ao hospital de Santiago porque a súa situación era “de risco vital”. Para a súa curación necesitou 60 días, 10 de ingreso hospitalario, e quedoulle como secuela unha cicatriz na zona pectoral.

Os xuíces desestimaron o recurso de apelación presentado polo acusado, no que alegaba que existiu erro na valoración da proba e que, por tanto, se vulnerara a súa presunción de inocencia. O alto tribunal galego subliña no fallo que “a valoración dos feitos realizada pola Audiencia é plenamente acertada” e “que a autoría do investigado está suficientemente acreditada”, tanto pola declaración da vítima como pola de dúas testemuñas “nada sospeitosos de parcialidade”.

Respecto á solicitude do condenado de que se tivese en conta a atenuante de drogadicción, a sala indica que “aínda que pode admitirse a súa condición de consumidor habitual de substancias estupefacientes, de ningún xeito consta acreditado que o delito cometido garde relación funcional con esa condición”. Así, lembra que “foi capaz de apuntar e acertar a un obxectivo a distancia e en movemento”.

O alto tribunal galego tampouco admitiu, tal e como demandaba o sospeitoso, a retirada da prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante sete anos imposta pola Audiencia. No fallo recalca que a relación sentimental mantida por ambos “é suficiente para decretar o afastamento” e, en canto á prohibición de comunicación, explica “que se trata dunha medida que responde as circunstancias do caso, en especial ao estado anímico da vítima tras os feitos”.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...