O proxecto ConcellosECO impulsará a formación e o emprego verde nos concellos da ría de Muros e Noia e Sar

10 Maio 2022

A consultora coruñesa Raxia Formación é unha das organizacións seleccionadas para a posta en marcha dun novo proxecto co-financiado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad dol Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Trátase dunha iniciativa de formación e inserción laboral en empregos verdes para as comarcas de Noia, Barcala e Sar: o proxecto ConcellosECO, destinado tamén a fomentar a conservación da biodiversidade do medio rural e a prevención de incendios. Inclúe accións de asesoramento, orientación e formación que irán acompañadas de intermediación e encontros con empresas.

Está dirixido a 30 persoas en situación de desemprego da área xeográfica da Coruña, dos concellos de Negreira, A Baña, Noia, Outes, Lousame, Porto do Son, Dodro, Rois, Padrón, Ames, Teo e Brión.

Dentro da formación prevista, realizaranse actividades presenciais e tamén en formato online sobre as seguintes temáticas: recursos sociolaborais e formativos, inserción laboral e busca de emprego, adaptación ao cambio climático, uso recreativo no medio rural nos espazos naturais e rurais, Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) e axenda de desenvolvemento, normas de prevención de riscos no medio ambiente, e o operacións auxiliares para a conservación e mellora de montes e fincas.

Máis información en administrativo@raxiaformacion.es.

Outros artigos

O Goberno de Outes presenta o proxecto de orzamentos para 2024

O Goberno de Outes presentará este xoves 25 de abril o proxecto de Orzamentos de 2024 ao pleno da Corporación municipal para a súa aprobación. Segundo destacou o alcalde, Manolo González, trátase duns orzamentos equilibrados e racionais e que pretenden atender as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...