Feijóo será senador por Galicia despois de que Juan Serrano renuncie ao cargo este luns

08 Maio 2022

Segundo recolle a axencia Europa Press o Partido Popular de Galicia propoñerá ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, como senador de designación autonómica despois de que Juan Serrano presente a súa renuncia ao cargo este luns, 9 de maio. Así o avanzaron a Europa Press fontes do PP, que subliñaron que desta forma “nos próximos días” formalizarase a saída de Feijóo da Xunta de Galicia e finalizarase o proceso da súa substitución no PPdeG, así como activarase a súa chegada á Cámara Alta.

O PP de Galicia propoñerá a Feijóo como senador despois de que Juan Serrano renuncie ao cargo este luns.

No marco desta renovación, tamén está previsto que este luns renuncie como senadora por designación autonómica Elena Muñoz, e a persoa proposta para substituíla no exercicio das devanditas funcións será Miguel Tellado.

Outros artigos

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...