O Plan de control de vertidos da Xunta permite que o 87% dos puntos rexistrados actualmente na ría de Arousa non sexan contaminantes

03 Maio 2022

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, destacou hoxe na Comisión 8ª do Parlamento que o traballo da Xunta, a través do Plan de control de vertidos, fixo posible que o 87% dos puntos inventariados actualmente na ría de Arousa non acheguen contaminación.

Teresa Gutiérrez detallou que os vertidos catalogados a día de hoxe como contaminantes representan só o 11% do total de puntos inventariados nesta ría, atopándose un 2% deles en investigación.

Lembrou que o Goberno galego, mediante o Plan de control de vertidos, conseguiu o fito de reducir case á metade o número de vertidos contaminantes na última década. Concretou que esta tendencia á baixa foi paulatina e constante, pois pasou de supoñer o 40% no ano 2010, ao 27% no 2015 e ao 15% no 2021.

Remarcou que o ano pasado, dos máis de 1.600 vertidos inventariados, Augas de Galicia subsanou directamente 573 focos.

Fixo fincapé en que a Xunta segue co labor de control para tentar reducir estes focos aínda máis e garantir a compatibilidade da actividade humana coa sustentabilidade ambiental das rías.

O Executivo autonómico, a partir do citado Plan, traballa co obxectivo da detección e a emenda efectiva de puntos de vertedura, levando a cabo as funcións de inspección e control das verteduras ao dominio público hidráulico e desde terra ao litoral, especialmente ás rías de Galicia.Saneamento da ría de Arousa

A Xunta, a pesar de que o saneamento e o abastecemento son competencias municipais, vén prestando apoio técnico e económico para impulsar actuacións estratéxicas nos concellos. Así, o Goberno galego ten investido 1.100 millóns de euros en actuacións hidráulicas, máis de 500 millóns dirixidas ao saneamento das rías.

Teresa Gutiérrez indicou que nos Orzamentos da Xunta de 2022 están consignados 102 millóns de euros para apoiar aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración, dos que 40,5 millóns se concentran nas rías. 

Salientou a aposta da Xunta a prol do saneamento da ría de Arousa, tendo licitado recentemente as obras de mellora do sistema de depuración de Vilagarcía de Arousa para resolver os problemas de desbordamento e infiltracións. Tamén se referiu ao proxecto de ampliación da depuradora municipal, sumando un orzamento global de 33 millóns de euros nunhas obras que, no seu conxunto, van reducir nun 97% os vertidos deste municipio á ría.

Lembrou que o Executivo autonómico está a rematar as obras de saneamento en Rianxo, ten contratada a ampliación da depuradora de Tragove, vai renovar os colectores interceptores de Cambados e, se Costas o autoriza, completará os colectores de Vilanova de Arousa.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, responde no marco da Comisión 8ª foto xoán crespo

Outros artigos

Historias e inglés conflúen nunha sesión de contacontos na Pobra

A aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá no sábado 20, ás 11.00 horas, o contacontos en inglés Storytelling Sally Senses que achega a academia Kids&Us Ribeira coa colaboración da Concellaría da Cultura da...

+

A Pobra, epicentro nacional do remo co Campionato de España de Bateis

"Hai unha semana dicíamos que A Pobra se erixía como capital galega do remo; hoxe podemos dicir que de España." Con estas palabras comezou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, na presentación do LXXXI Campionato de España de Bateis que terá lugar no 27 e 28 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...