O Mago Paco leva á rapazada de do Son a faciana máis divertida da maxia, este sábado 7 de maio

03 Maio 2022

O Mago Paco estará este mes de maio en Porto do Son para presentar o seu novo espectáculo, Maxia Divertida, ao abeiro do programa Ler Conta Moito da Xunta. Será este sábado 7 a partir das 12.00 horas. Trátase dunha función familiar moi acaída, en palabras do artista, “para un público de idades comprendidas entre os 3 e os 99 anos”. O espectáculo do Mago Paco en Porto do Son inclúe “unha morea de relatos e historias a través de xogos e maxia, que levará ás nenas, nenos e maiores a descubrir a maxia divertida que agochan os contos”. A cita será na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto Do Son. O Concello, que colabora na actividade, achegou un vídeo de presentación para que nos fagamos unha idea do que nos imos atopar este sábado 7. A función abéirase o ciclo Maio Cultural en Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...