O JEALSA Boiro proclámase campión galego en categoría cadete masculina

16 Maio 2022

M.A.- O JEALSA Boiro proclamouse campión galego en categoría cadete masculina na fase final celebrada o fin de semana en Lugo. O equipo que adestra Adrián Alves impúxose no encontro decisivo ao Dumbría por 0-3 (25-27, 22-25 e 13-25). Desta maneira, o club boirense conseguiu o terceiro cordón autonómico da tempada tras os logrados en idades xuvenil e júnior masculinas.

En semifinais, o JEALSA Boiro superou ao Emevé, anfitrión da fase final, por 1-3 (25-23, 12-25, 17-
25 e 15-25). Ademais, o receptor Óscar Muñiz foi nomeado MVP da competición celebrada en Lugo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...