O Concello e La Doce impulsan as Residencias Artísticas de Boiro 2022

16 Maio 2022

O Concello de Boiro, coa colaboración da Galería La Doce, convoca o certame Residentes: Residencias Artísticas Boiro 2022, que ten como obxectivo “incentivar a creatividade e a produción artística visual”. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e a coordinadora de La Doce, María Magán, presentaron este luns 16 de maio pola mañá o proxecto.

Segundo dixeron, o concurso está dirixido a todos aqueles artistas que teñan como linguaxe as artes contemporáneas (pintura, escultura, vídeo, fotografía, performance) e que “busquen desenvolver un proxecto artístico ou comezar unha investigación desta índole na contorna de Boiro”. E engadiron: “Con este proxecto pretendemos fomentar a creatividade e contribuír á consolidación e crecemento do sector artístico local”.

Tamén fixeron saber que o xurado seleccionará tres proxectos artísticos e o premio consiste nunha dotación económica de 1000 euros por gañador e aloxamento durante o mes de setembro para desenvolver o proxecto.

As persoas residentes seleccionadas, engadiron, dispoñerán dun espazo de traballo na zona de coworking da Galería La Doce e do seu equipamento para poder traballar no seu proxecto.

Como contraprestación as e os artistas propoñerán unha actividade ou obradoiro dirixido á cidadanía de Boiro; cederán a súa obra durante un tempo determinado para expor; presentar o seu traballo en actos que poidan ser convocados e doar unha peza ao Concello de Boiro.

As solicitudes para participar deben presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou da sede electrónica ata o vindeiro 12 de xuño. As bases e toda a información para participar no concurso están a disposición das persoas interesadas na web municipal, www.boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...