O Concello de Silleda cede a Amicos un espazo físico para impulsar no municipio a integración laboral

16 Maio 2022

A asociación comarcal Amicos formalizou este luns 16 de maio un convenio de colaboración co Concello de Silleda para a cesión dun espazo físico. Fontes de Amicos informaron de que grazas a esta alianza a entidade social poderá atender e apoiar a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, residentes na devandita vila pontevedresa e na súa contorna, con dificultades para acceder ao mercado laboral.

Manuel Cuiña, alcalde de Silleda, e Keltoi Cameán, coordinador de orientación laboral de Amicos, asinaron o acordo polo que o Concello de Silleda cede á entidade un local na Casa da Xuventude, na rúa Trasdeza, dende a que se achegarán servizos de orientación laboral. Dende alí, Amicos atenderá ás persoas que así o demanden todos os primeiros venres de cada mes no edificio municipal en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Máis en detalle, este convenio ten por obxecto “establecer unha colaboración entre ambas entidades para desenvolver accións de cara a impulsar a integración social e laboral das persoas con discapacidade, mellorando a súa empregabilidade mediante asesoramento e a formación axeitada, ademais de realizar unha labor de sensibilización no municipio sobre a necesidade de integrar socialmente a estes colectivos”.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, destacou que “con esta colaboración o noso municipio dá un paso máis na necesaria inclusión das persoas con discapacidade, que suman neste colectivo un novo referente”.

Pola súa banda, Keltoi Cameán, agradeceu a colaboración do Concello de Silleda que se suma a outras localidades onde xa está a actuar Amicos, e que significa “o asentamento nas comarcas do Deza – Tabeirós no apoio ao emprego das persoas con discapacidade”. “Esperamos contar co apoio das organizacións e empresas da contorna para seguir desenvolvendo este proxecto de emprego verde e inclusivo”. Na sinatura estiveron tamén presentes Pablo Penide, orientador de Amicos, e a concelleira de Emprego, Pili Peón.

Todas as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social que precisen apoio pódense poñer en contacto coa Área de Emprego de Amicos no teléfono 981 865 786 ou no correo de persoas@amicos.org.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...