O Concello de Ribeira publica un bando relativo ás obrigas de xestión de biomasa para a prevención de incendios

18 Maio 2022

O Concello de Ribeira, a través do seu alcalde Manuel Ruiz Rivas, publicou o seguinte bando relativo ás obrigas cidadás en materia de xestión de biomasa, con vistas a minimizar riscos na tempada de lumes forestais que xa se aveciña:

Os incendios forestais constitúen unha ameaza moi importante para o noso entorno, ademais de
comprometer a sustentabilidade económica e social de Galicia. Cómpre lembrar a vaga de lumes que
asolou Galicia a mediados de outubro de 2017, que provocou a morte de catro persoas e levouse por
diante unhas 50.000 hectáreas de terreo, o 53% delas masa arborada. Co obxecto fundamental de
establecer medidas de prevención e defensa contra os incendios, e incidir na protección das persoas e
bens, Galicia conta coa Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios
forestais de Galicia.
Esta norma establece unhas condicións de prevención específicas para as denominadas “redes
secundarias de faixas de xestión de biomasa”, cuxa función prioritaria é a protección dos núcleos de
poboación, as infraestruturas, os equipamentos sociais, as zonas edificadas, os parques e os polígonos
industriais. (Artigo 20.4.)
Nas redes secundarias é obrigatorio para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal
nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como
arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións
industriais, situadas a menos de 400 metros do monte, e arredor das edificacións illadas en solo rústico
situadas a máis de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados na
Lei e na súa normativa de desenvolvemento. Con carácter xeral, na franxa de 50 metros non poderá
haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei (piñeiros, eucaliptos e
acacias).
No solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, aplicaranse subsidiariamente os criterios
establecidos nos artigos 20 bis, 21, 21 ter, 22 e 23, salvo aprobación específica de ordenanza municipal
ou en defecto da mesma, que poderá elaborarse de conformidade co artigo 16 da lei. (Artigo 21 ter 3.)
TRABALLOS A REALIZAR POLOS TITULARES/RESPONSABLES DOS TERREOS:
TRABALLOS DE XESTIÓN
Eliminación de todo tipo de vexetación herbácea, arbustiva e arbórea.
Estrato arbustivo e herbáceo:

  • Eliminación total da vexetación seca (vexetación arbustiva e herbácea seca) e eliminación total
    da vexetación arbustiva e herbácea existente na parcela (ata 20 cm.).
    Estrato arbóreo:
  • Corta das árbores de especies non permitidas (piñeiros, eucaliptos e acacias).
  • En todo caso poderán conservarse outras especies arbóreas (carballos, castiñeiros, bidueiros,
    ameneiros, sobreiras…) nas condicións que sinala a normativa (masas mixtas e distanciadas 7
    m. entre elas, árbores de 0-11,4 m. poda ata 1/3 da altura, árbores >11,4 m. poda mínimo 4 m.).
    (*) Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como arredor de edificacións, vivendas illadas e
    urbanizacións…
    As persoas que resulten responsables conforme ao artigo 21 ter procederán á execución da xestión
    da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, no seu caso, a retirada
    de especies arbóreas, ANTES DE QUE FINALICE O MES DE MAIO DE CADA ANO.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...