O Concello de Boiro celebra a primeira xuntanza da Mesa fronte a Violencia de Xénero

19 Maio 2022

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Feminismo e Igualdade, celebrou este mércores 18 de maio a primeira convocatoria da Mesa de Coordinación Interinstitucional fronte a Violencia de Xénero en Boiro. A xuntanza estivo presidida polo alcalde, José Ramón Romero, e contou coa participación da concelleira de Igualdade, Dores Torrado; integrantes dos distintos grupos políticos da Corporación; representantes da Policía Local, a Guardia Civil e a Policía Nacional; e representantes dos centros educativos, dos servizos sanitarios, da Cruz Vermella de Boiro, de Amicos e de Unión de Muchachas.
O primeiro dos puntos da orde do día foi a datación de conta do funcionamento da mesa, que ten como obxectivo “profundar na loita contra a violencia de xénero e procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero”.

Na xuntanza fíxose unha posta en común dos protocolos que se seguen ante este tipo de agresións por parte das forzas e corpos de seguridade e a creación dun directorio de contactos de interese para poder facilitar a aquelas persoas que o precisen.

A Mesa realizou a proposta de manter e potenciar as actividades que se están a realizar en materia de prevención da violencia de xénero e sexualidade como os talleres e obradoiros que se desenvolven nos centros de ensino, ou aquelas outras abertas ao público xeral.

O Concello de Boiro xunta por primeira vez a todas as entidades sociais e colectivos relacionados coa detección da violencia de xénero co obxectivo de coñecer a problemática dende distintas ópticas e establecer accións conxuntas para dar unha maior visibilidade ás ferramentas e servizos dos que se dispón, como son o Centro de Información á Muller ou o servizo ATENPRO de Cruz Vermella.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...