O Campamento de Verán de Rianxo incluirá Plan Madruga e unha gran romaría familiar de peche o 27 de agosto

16 Maio 2022

Dende Deportes de Rianxo confirman que a nova edición do Campamento de Verán (edición 2022) celebrarase entre o 4 de xullo e o 26 de agosto, nas instalacións do Pazo de Rianxo, do Colexio de Educación Primaria Brea Segade de Taragoña e no Colexio de Infantil e Primaria Ana Mª Dieǵuez de Asados.

Contarase co servizo de Plan Madruga nas tres instalacións (moi axeitado para as familias que teñan que conciliar laboralmente dende primeira hora da mañá) e, como novidade, o programa incluirá unha romaría familiar de peche de campamento o sábado 27 de agosto.

O prazo de inscrición comezará o vindeiro luns 30 de maio.

Toda a información estará en breve na páxina web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...