O BNG de Ribeira pide solucións para as pingueiras de auga que caen á beirarrúa na avenida de Ferrol

18 Maio 2022

O BNG de Ribeira vén de pór o foco na problemática das pingueiras que ofrece un edificio sen rematar na parte baixa da avenida de Ferrol, cuxas beiras son empregadas por moitas persoas para ir camiñando ao núcleo de Deán Pequeno ou ir ás oficinas de Servizos Sociais ou do Centro de Información á Muller. Este edificio de ladrillo á vista, denuncian, “ten as baixantes rotas e os canos en moi mal estado, o que provoca que nos días de choiva as baixantes reborden auga polas roturas que teñen e se produzan múltiples pingueiras que caen desde os canos polo seu mal estado de conservación”.

O voceiro do BNG, Luís Pérez Barral, informou de que esta situación “está a causarlles molestias na veciñanza os días de chuvia” e asegura que “quen vaia camiñando pola beirarrúa ten moitas posibilidades de mollarse pero é practicamente imposíbel pasar se es unha persoa con mobilidade reducida ou vas cun carro de crianza ou de compra”.

Ante esta situación Pérez Barral insta ao Goberno local a “que actúe para rematar con este problema”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...