O alumnado de Tahume VII impermeabiliza e pinta unha praza na avenida da Coruña (Ribeira)

03 Maio 2022

O alumnado da especialidade de pintura industrial do Obradoiro de Emprego Tahume VII, impulsado polos Concellos de Ribeira e o Son, está a realizar dende esta semana traballos de impermeabilización e pintado nunha praza situada na avenida da Coruña.

Os traballos que están a facer os integrantes de pintura industrial inclúen ademais aplicar unha nova urbanización a esta praza. Ademais, máis adiante está previsto que pinten tamén o aparcamento do complexo polideportivo da Fieiteira. Tamén veñen de facer traballos similares en edificios públicos do veciño concello sonense.

Lembrar que esta escola taller principiou a súa andaina en outubro e está sendo compartida entre Ribeira e O Son. Inclúe unha segunda especialidade en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. En total participan vinte alumnos-traballadores, dez por especialidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...