O 22 de maio botámonos ao monte en Porto do Son coa Andaina de Xtosín

05 Maio 2022

O vindeiro 22 de maio toca poñerse en ruta pola comarca, máis polo miúdo polas fermosas paraxes naturais de Porto do Son, que son en si mesmo un filón para camiñantes e deportistas en xeral. Na xornada do 22, de feito, celebrarase unha edición da Andaina de Xtosín (#XtosínTrail), con 14 quilómetros de percorrido e dificultade media-baixa. A saída será dende a praza do Curro de Portosín ás 9.30 horas. As prazas serán limitadas e o prezo da inscrición de 5 euros. Organiza Arousa NEO coa colaboración de Cruz Vermella Noia e o Concello de Porto do Son. Para máis información sobre os detalles da ruta e as inscricións cómpre visitar a web andainas.arousa.com/xtosin.html.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...